Conmemora o Día internacional cunha programación de actividades co lema “Apaga a violencia en todas as súas formas”
O Concello de Ourense sumouse esta mañá á celebración, hoxe, do 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, cun acto institucional que se desenvolveu no salón de plenos, con asistencoia de representantes de diferentes grupos políticos municipais.
A concelleira de Igualdade, Noa Rouco, deu lectura a unha declaración conmemorativa aprobada pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) con motivo de esta celebración
O texto recolle o compromiso do municipalismo galego na loita contra a violencia machista, e fai “un chamamento para que se denuncien todas as formas de violencia contra as mulleres. Non pode haber máis silencios cómplices. Xa é tempo de que a vergoña, que ata agora recaía sobre as vítimas que sofren a violencia, cambie de bando e recaia sobre os agresores”.
O Concello celebra o 25 N cunha programación de actividades co lema “Apaga a violencia en todas as súas formas”
Poden consultar aquí toda a programación

