Home O Ribeiro Carballeda de Avia O concello de Ribadavia solicita un obradoiro de emprego conxuntamente con Carballeda...

O concello de Ribadavia solicita un obradoiro de emprego conxuntamente con Carballeda de Avia e Castrelo de Miño

- Anuncio -

O Concello de Ribadavia actuará como entidade promotora e representante da agrupación de concellos constituída con Carballeda de avia e Castrelo de Miño para a solicitude deste obradoiro de emprego.

O Concello de Ribadavia ven de constituir unha agrupación de concellos con Carballeda de Avia e Castrelo de Miño para solicitar un obradoiro de emprego ao abeiro da convocatoria de 2021. A documentación relativa ao proxecto de obradoiro de emprego xa foi presentada ante a Xunta de Galicia e agárdase que a resolución do concurso poida producirse cara ao final da primavera.

O proxecto de obradoiro de emprego presentado ante a Consellería de Economía, Emprego e Industria, é unha acción formativa con unha duración de 9 meses mais 3 meses de prácticas en empresas. Este proxecto de obradoiro denominado “Ribeiro: Miño-Avia”, contará con tres módulos formativos diferenciados para un total de 20 alumnos repartidos do seguinte xeito: seis alumnos no módulo de enoturismo, e sete alumnos no modulo agrario e outros sete no de albanelería. Na presentación do obradoiro paraticiparon o alcalde e a teniente alcalde de Carballeda de Avia, Luis Milia e Noemí … , o alcalde Castrelo de Miño, Avelino Pazos e o alcalde de Ribadavia, César Fernández.

Haberá un módulo de formación agraria que se centrará nas operacións auxiliares de preparación do terreo, plantación e semente de cultivos agrícolas, rego, abonado e aplicación de tratamentos en cultivos agrícolas, así como recolección, almacenamento e envasado de produtos e o mantemento básico de instalacións. Por outra banda, o módulo adicado ao enoturismo proporcionaríalle ao alumnado formación centrada en xestionar a información e documentación enoturística; crear, promocionar e comercializar servizos e produtos enoturísticos locais; Información e atención ao visitante; Deseño de produtos e servizos enoturísticos e ademais, Inglés profesional para o enoturismo. Así mesmo, o módulo de albanelería permitirá formar persoas nesta profesión e acometerá o arranxo de diversas fontes no concello de Castrelo de Miño.

Os alcaldes dos concellos promotores do proxecto destacaron que “Estamos ante un proxecto de Obradoiro de emprego con un carácter moi innovador, non só pola oferta formativa que permitirá contar con tres módulos formativos perfectamente diferenciados, se non que, ademais, a propia natureza dos módulos resalta o carácter innovador da proposta xa que no módulo agrario a formación vincúlase ao concepto de aldeas modelo promovido pola Xunta de Galicia, e no caso do módulo adicado ao enoturismo a formación adquirida en TIC, idiomas e turismo así como os coñecementos adquiridos permitirán contar na comarca con xente formada en enoturismo, o cal ofrecerá ás empresas da contorna (adegas, casas de turismo rural, balnearios, servizos turísticos, etc.) a posibilidade de dispoñer de persoal cualificado e ben formado nun intre en que a demanda enoturística está aumentando. E a maiores cóntase co módulo de albanelería que permitirá formar persoas neste eido, importente para a realización de obra pública, algo moi necesario nos nosos concellos.”

Os alcaldes afirmaron que “a colaboración e cooperación institucional cos concellos e nomeadamente cos alcaldes de Castrelo de Miño e Carballeda de Avia, posibilitou que puidéramos presentar este proxecto de obradoiro de emprego que agardamos que, no caso de ser concedido, nos permita contar con veciños e veciñas destes tres concellos formados en competencias claves para afrontar os retos de futuro que temos por diante Ribadavia, Carballeda de Avia e castrelo de Miño.”

Relacionadas

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

O PP de Ourense reafirma co manifesto “Man con man, somos iguais” o seu...

0
· A Vicesecretaría de Política Social dos populares ourensáns recompila nun manifesto os compromisos para promover a inclusión, eliminar barreiras, fomentar a empatía, escoitar...

Os escolares lembran a Eduardo Blanco Amor na tradicional ofrenda floral no cemiterio de...

0
O cemiterio de San Francisco acolleu esta mañá a tradicional ofrenda floral homenaxe ao escritor ourensán Eduardo Blanco-Amor, ao carón do lugar onde repousan...

A Xunta colabora co concello de Xinzo de Limia no impulso da Praza de...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou a praza de abastos deste concello ourensán, beneficiario da orde de axudas do Executivo...

Publicacións Relacionadas