Home Ourense O concello de Vilamarín leva mobilizado 1,15m€ en obras de mellora do...

O concello de Vilamarín leva mobilizado 1,15m€ en obras de mellora do parque empresarial grazas ás axudas concedidas pola Xunta de Galicia

- Anuncio -

— O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá o polígono de Tamallancos que realizou melloras na xestión de residuos e na seguridade


— Xa está aberto ata o 2 de febreiro o prazo da nova convocatoria dos apoios para a mellora destas infraestruturas

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá o polígono de Tamallancos en Vilamarín (Ourense) para comprobar as obras de mellora realizadas nos últimos anos e que mobilizan 1,15M€ grazas ás axudas da Xunta. As dúas últimas actuacións foron a mellora de xestión de residuos, así como actuacións en materia de seguridade no acceso ao parque empresarial.
Estas obras enmárcanse na liña de axudas da Administración galega para impulsar a modernización de instalacións e servizos nos polígonos galegos co obxectivo de facelos máis competitivos e favorecer a implantación de novas empresas. Así, desde 2016 xa se executaron 17M€ en apoios.
Tal e como explicou Conde, a Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, ten aberto o prazo, ata o 2 de febreiro, da nova convocatoria desta liña de apoios á que destina 2,1M€. Son de concorrencia competitiva e están dirixidos aos concellos galegos que queiran realizar melloras relativas á implantación de iluminación pública eficiente, plantas de depuración de auga, xestión de residuos, infraestruturas viarias, instalación de sistemas de seguridade, contraincendios e contra o roubo de cable, e servizos centralizados de subministración de gas e hidróxeno verde.
As axudas poderán alcanzar os 120.000 euros por proxecto ou 138.000 no caso dunha solicitude conxunta de varios concellos -cada municipio poderá presentar dúas solicitudes de apoio-. Xunto con estas axudas seguirase avanzando na posta en marcha de viveiros industriais e no reforzo e extensión de redes de distribución eléctrica. Conde lembrou que na selección de proxectos seguirase tendo en conta se se trata dun Concello Emprendedor, como no caso de Vilamarín.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Publicacións Relacionadas