O Concello de Ourense e a empresa concesionaria do servizo de transporte urbano Avanza colaboran coa campaña que desenvolve a Asociación Española contra o Cancro con motivo da celebración, hoxe, 31 de marzo, do Día mundial contra o cancro de colon.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e a concelleira de Asuntos Sociais, Tamara Silva, asistiron esta mañá á presentación desta iniciativa, que terá difusión entre a cidadanía a través de carteis nos autobuses urbanos de Ourense. Co lema “Xoga o teu papel na detección do cancro de colon”, a campaña anima a xente a realizar un sinxelo test de sangue oculto en feces “porque 9 de cada 10 persoas se poden salvar se este cancro é detectado precozmente”, explican. Tamén participaron no acto o presidente da Asociación Española Contra o Cáncer (AECC) en Ourense, Germán Rodríguez-Sáa, e o xerente de empresa, José María Díaz