Home Ourense O Concello entrega os premios aos establecementos gañadores

O Concello entrega os premios aos establecementos gañadores

- Anuncio -

do Concurso de decoración de escaparates de Nadal

O certame contou coa participación de 126 establecementos ourensáns.

O Concello de Ourense concedeu unha Mención especial ao Servizo de Atención ao paciente e Humanización do CHUO

O salón de plenos do Concello de Ourense acolleu esta mañá o acto de entrega de premios do Concurso de decoración de escaparates de Nadal 2024, organizado polo Concello de Ourense coa colaboración do CIFP Portovello e Ecourense UTE.

O certame ten como obxectivo visibilizar e apoiar o comercio local mentres se contribúe á mellora do ambiente de Nadal na cidade, e contou nesta edición coa participación dun total de 126 establecementos e repartiu un total de 8.800 euros en premios.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, o director, Abel Ocampo, e alumnado do CIFP Portovello, e o xerente de Ecourense, Javier David, entregaron os premios aos locais gañadores desta edición.

O primeiro premio, por importe de 3.000 euros, foi para a Óptica Samuel Eiján, na rúa Samuel Eiján, 11

O segundo premio, por importe de 2.000 euros, foi para Lecer, na rúa Bedoya, 29

O terceiro premio, de 1.000 euros, foi para a farmacia Martínez de Paz, na rúa Francisco Moure, 22

Os accésits, de 400 euros cada un, recaeron no Centro de día A Ponte (rúa Basilio Álvarez, 7), Florylipia (avda. de Zamora, 118), Personal Kitchen (avenida de Zamora, 154), Blumé (rúa da Concordia, 32), Mercería La Moderna (rúa Manuel Pereira, 10), El Lío Urban Bar (praza de Santa Eufemia,3) e Lotería Anta (Galerías Centrais, rúa do Paseo,10)

O Concello de Ourense tamén quixo facer unha mención especial ao Servizo de atención ao paciente e humanización do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) coa entrega dun diploma honorífico.

Relacionadas

A Deputación felicita o Nadal a través da Real Banda de Gaitas, que recupera...

0
Titulado “Ourense, tempo de soños”, este traballo audiovisual está protagonizado por Daniela, que ademais de cumprir o seu soño, revive cos acordes desta peza...

Pazolandia abrirá as súas portas o 26 de decembro con importantes novidades como pista...

0
O parque de atraccións máis importante de Galicia, con máis de 8.000 metros cadrados de actividades, estará aberto ata o 4 de xaneiro, en...

As dependencias administrativas do Concello estarán pechadas os días 24 e 31 e o...

0
As dependencias administrativas do Concello de Ourense estarán pechadas o martes, 24, e o martes, 31 de decembro, en virtude do disposto no acordo...

Luis Menor destaca a Pilar Cernuda, Premio Carlos Casares de Xornalismo 2024, como “parte...

0
O presidente provincial enxalzou no Casino Antelano á gañadora deste galardón como unha das xornalistas pioneiras da democracia, vivindo en primeira persoa os feitos...

A Deputación axudará aos concellos na elaboración dun censo de instalacións con amianto e...

0
A institución provincial asumirá ao 100% o custe das actuacións, que inclúen, ademais do citado censo, unha proposta de calendario e planificación para a...

O Concello de Ourense presenta o conxunto de actuacións executadas para a mellora da...

0
A presentación terá lugar esta tarde, ás 18.00 h, na Avda. Otero Pedrayo Esta tarde, ás 18.00 h, na Avda. Otero Pedrayo, terá lugar a...

Publicacións Relacionadas