Free Porn
xbporn
Home Ourense O Concello executa novas beirarrúas na rúa do Tinteiro, conectadas por un...

O Concello executa novas beirarrúas na rúa do Tinteiro, conectadas por un paso de peóns baixo a ponte do Milenio

- Anuncio -
  • Os dous tramos suman 185 novos metros para a mobilidade peonil
  • O importe total dos traballos foi de 47.926,37 euros, IVE incluído.

O Concello de Ourense rematou os traballos de construción de beirarrúas na rúa do Tinteiro, unhas actuación para a mellora da mobilidade peonil na cidade e que dotou dun paso de peóns elevado baixo a ponte do Milenio.

Executáronse dúas beirarrúas de lousa hidráulica: a primeira delas conecta o cruce da rúa do Tinteiro coa rúa da Feira Nova e as escaleiras de baixada ao paseo do Miño, baixo a ponte Novísima; a segunda beirarrúa, na outra marxe da vía, conecta coa zona de escaleiras baixo a ponte do Milenio. Entre os dous tramos suman 185 metros de beirarrúas de nova creación.

Ambas as dúas beirarrúas están conectadas, baixo a ponte do Milenio,cun paso de peóns elevado de sección trapezoidal.

Ademais, aproveitouse para rehabilitar o firme da rúa do Tinteiro naquelas zonas onde presentaba máis desgaste, fresando e pavimentando a zona. As obras completáronse coa sinalización oportuna.

O importe total dos traballos foi de 47.926,37 euros, IVE incluído.

Relacionadas

Luis Álvarez Pousa, Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo

0
No seu fallo, o xurado destaca a súa longa e intensa traxectoria profesional, aínda en activo, “como formador das primeiras promocións de xornalistas galegos,...

O alcalde critica a “mala fe e picaresca” dos sindicatos pola convocatoria de folga...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, critica a “mala fe” dos sindicatos con representación no Concello pola convocatoria de folga para os días...

O Goberno provincial presenta unha modificación de crédito de 14,6 millóns de euros, dos...

0
O presidente provincial Luis Menor destaca que con este novo documento a Deputación alcanza “unha cifra inédita de financiamento para concellos e mancomunidades: 35...

O Concello presenta a programación do Halloween 2024, con desfiles, música, túnel e pasaxe...

0
O Concello de Ourense presenta a programación da Noite do Medo – Halloween 2024, que se desenvolverá na cidade o día 31 de outubro,...

Luis Menor: “A diagnose da provincia require dunha intensa colaboración público-privada, como entre a...

0
O presidente provincial foi o protagonista esta mañá nos “Diálogos polo futuro da economía ourensá” que organiza a Asociación de Empresarios da Construción de...

Rubén González, do restaurante “El Cafetín” de Pontevedra, gaña o III Campionato de Tapas...

0
Organizado en colaboración coa Deputación de Ourense, a través do Inorde, o certame tamén premiou aos cociñeiros Alejandro Martínez e Mar Lago de “BaceLo”...

Publicacións Relacionadas