Home Ourense O Concello executa novas beirarrúas na rúa do Tinteiro, conectadas por un...

O Concello executa novas beirarrúas na rúa do Tinteiro, conectadas por un paso de peóns baixo a ponte do Milenio

- Anuncio -
  • Os dous tramos suman 185 novos metros para a mobilidade peonil
  • O importe total dos traballos foi de 47.926,37 euros, IVE incluído.

O Concello de Ourense rematou os traballos de construción de beirarrúas na rúa do Tinteiro, unhas actuación para a mellora da mobilidade peonil na cidade e que dotou dun paso de peóns elevado baixo a ponte do Milenio.

Executáronse dúas beirarrúas de lousa hidráulica: a primeira delas conecta o cruce da rúa do Tinteiro coa rúa da Feira Nova e as escaleiras de baixada ao paseo do Miño, baixo a ponte Novísima; a segunda beirarrúa, na outra marxe da vía, conecta coa zona de escaleiras baixo a ponte do Milenio. Entre os dous tramos suman 185 metros de beirarrúas de nova creación.

Ambas as dúas beirarrúas están conectadas, baixo a ponte do Milenio,cun paso de peóns elevado de sección trapezoidal.

Ademais, aproveitouse para rehabilitar o firme da rúa do Tinteiro naquelas zonas onde presentaba máis desgaste, fresando e pavimentando a zona. As obras completáronse coa sinalización oportuna.

O importe total dos traballos foi de 47.926,37 euros, IVE incluído.

Relacionadas

O PP de Ourense activa a súa maquinaria electoral para acadar un “resultado histórico...

0
O presidente provincial, Manuel Baltar, presidiu esta mañá a reunión do Comité Executivo do Partido Popular de Ourense, que nomeu aos 25 membros do...

A Xunta de Goberno Local en funcións do Concello concedeu 10 licenzas urbanísticas na...

0
A Xunta de Goberno Local en funcións do Concello de Ourense, reunida esta mañá no salón de plenos na súa xuntanza ordinaria desta semana,...

O Concello celebra o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ con obradoiros, coloquios e unha...

0
Terán lugar os vindeiros 19 de xuño, no Centro Cívico Colón, e 21 de xuño, no Centro de Información Municipal ás MulleresAs actividades son...

O Concello confirma unha nova campaña de agasallo de libros aos nenos e ás...

0
O alcalde avanza que a iniciativa, que chegou a máis de 9.700 escolares en 2022, terá continuidade este ano, mantendo as súas principais características:...

O Foro MICE España evidencia o carácter diferenciador e auténtico de Ourense como destino...

0
Este foro reuniu a preto dun centenar de profesionais do sector de toda España, no Pazo de Toubes (Cenlle), para debater acerca de cuestións...

Presentada a 54ª edición do Descenso Internacional do Miño de Ourense, que se desenvolverá...

0
O salón de plenos do Concello de Ourense acolleu esta mañá a presentación da edición número 54 do Descenso Internacional do Miño de Ourense,...

Publicacións Relacionadas