HomeOurenseO Concello executará o sábado traballos de acondicionamento parcial do firme na...

O Concello executará o sábado traballos de acondicionamento parcial do firme na rúa Doutor Temes, entre a rúa Nova e a avenida Otero Pedrayo

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ourense realizará pasado mañá, sábado, día 26 de novembro, desde as 8:00h, traballos de acondicionamento parcial do firme da rúa Doutor Temes, no tramo comprendido entre a rúa Nova e a Avenida Otero Pedrayo. Por este motivo, durante ese día restrinxiranse os accesos á rúa Doutor Temes desde as rúas Nova, Benito Vicetto e Telleira, e só estará permitido o acceso aos vehículos de residentes, de emerxencia e autobuses urbanos. Ademais, mentres duren as obras, non se poderán estacionar vehículos no tramo de rúa afectado pola súa execucións.

O Concello solicita ás persoas afectadas que desculpen as molestias que poidan ocasionar estes traballos, que prevé rematar o propio sábado, quedando pendentes actuacións complementarias que se realizarán en datas posteriores, que pola súa natureza soamente terán afeccións puntuais ao tráfico rodado.

Publicacións Relacionadas