HomeOurenseO Concello implica o alumnado dos colexios na celebración do Entroido, con...

O Concello implica o alumnado dos colexios na celebración do Entroido, con 5 desfiles escolares nos que participarán máis de 3.000 nenas e nenos

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ourense implicará o alumnado dos centros educativos da cidade na celebración do Entroido 2023, con 7 citas específicas: os Xoves de Compadres (9 de febreiro) e Comadres (16), na Praza Maior, e 5 desfiles escolares, animados por charangas e batucadas que percorrerán o centro e barrios da cidade o venres, 17 de febreiro, pola mañá. Os desfiles contarán coa participación de máis de 3.000 nenas e nenos que cursan na actualidade Educación Especial, Infantil, Primaria e Secundaria nos distintos centros de ensino. O máis numeroso, cuns 1.300 participantes, percorrerá o centro da cidade, saíndo ás 11.30 horas, da Praza Maior, e os outros 4 percorrerán As Lagoas, A Ponte, Covadonga e O Vinteún.

O programa de actividades, organizadas polas concellerías de Educación e Artes e Festexos, inclúe:

9 de febreiro (12.00 h): Xoves de Compadres na Praza Maior, con 200 alumnos e alumnas de 1º a 4º curso de Educación Primaria.

16 de febreiro (12.00 h): Xoves de Comadres na Praza Maior, con 200 alumnas e alumnos de 1º a 4º curso de Educación Primaria.

17 de febreiro pola mañá: Desfiles escolares.

Desfile principal: zona centro, de 30 a 13.00 h.
Percorrido: Praza Maior- Lamas Carvajal- Paseo- Parque de San Lázaro-Rúa de Sto. Domingo- Praza do Ferro-Rúa da Paz- Praza Maior (regreso previsto ás 13 h).

Participantes: 1.300 escolares de CEIP As Mercedes, CEE O Pino, CPR Divina Pastora, CPR Luis Vives, CPR MªAuxiliadora, CPR Concepción Arenal, CPR San Xosé e CPR Maristas

Desfile dos centros da zona das Lagoas, de 00 a 13.30 h
Percorrido: Praza Mestre Vide-Sáenz Díez-Florentino Cuevillas- Avda. Habana- volta arredor da Subdelegación do Goberno- Curros Enríquez- Praza Mestre Vide

Participantes: 800 alumnos e alumnas de CEIP Mestre Vide, CEIP Manuel Sueiro e CEIP Curros Enríquez.

Desfile do CEIP A Ponte, de 12.30 a 13.30 h
Percorrido: Saída do centro de ensino – Xesús Pousa – Eulogio G. Franqueira- San Paio-San Rosendo- centro de ensino.

Participantes: 358 alumnos e alumnado propio centro.

Desfile do CEIP Virxe de Covadonga, de 10.30 h a 13.30 h
Percorrido: Saída do centro de ensino (rúa Cibeles) -recollida do resto do alumnado no CEIP As Eiroás (rúa dos Chaos) – Parque de Santa Teresita–regreso aos centros de ensino.

Participantes: 250 alumnos e alumnado CEIP Virxe de Covadonga e das Eiroás.

Desfile do CPR Divino Maestro, de 15 h a 13.45 h
Percorrido: centro de ensino-corte do tráfico da Rúa Río Mao (tramo entre as rúas Río Xares e Río Cobas)

Participantes: 340 alumnos e alumnas do propio centro.

Publicacións Relacionadas