Home Ourense O Concello impulsa a rehabilitación de vivendas en diferentes ARRUS da cidade

O Concello impulsa a rehabilitación de vivendas en diferentes ARRUS da cidade

- Anuncio -

A xunta de goberno concede axudas por valor de 80.000 euros para vivendas emprazadas en catro áreas de rehabilitación da cidade

A sesión celebrada esta mañá deu conta dun total de 50 asuntos na orde do día

A xunta de goberno, na sesión extraordinaria celebrada esta mañá en substitución da ordinaria do xoves, impulsou a rehabilitación de oito proxectos emprazados nas catro áreas de rehabilitación urbana (ARRU) de Ourense. En total, as axudas tramitadas pola Concellería de Urbanismo que dirixe Sonia Ogando na sesión de hoxe ascenden a 79.322,55 euros.

Servizo de Rehabilitación, VPP e Peris (8). Tres axudas para vivendas da ARRU Casco Histórico -Fase 16 (dúas por importe de 2.690 euros, outra por 4.287,50 euros); tres para a ARRU Polvorín – Camelias – Carballeira –Fase5 (por 8.179,42 euros, 25.561,49 euros e 8.533,88 euros): unha para a ARRU Núcleo Etnográfico de Seixalbo – Fase 11 (18.253,25 euros); e unha na ARRU Serra San Mamede – Cruceiro Quebrado – Inmaculada (por importe de 9.127,01 euros).

Ademais destes, a xunta de goberno deu conta doutros 42 asuntos máis achegados por diferentes áreas e servizos municipais.

Avogacía Consistorial (15). 10 sentenzas, 2 autos e 3 comparecencias.

Comparecencias: O Concello deberá presentarse en sede xudicial en tres procedementos interpostos por diferentes entidades contra a desestimación de reclamacións de responsabilidade patrimonial: polos danos causados nunha comunidade de garaxes por mor dunha zona axardinada, reclaman 302,50 euros; polas lesións provocadas por unha caída no paso de peóns da rúa Pardo de Cela, polas que reclaman 4.520,04 euros; e polas lesións sufridas ao tropezar na rúa Alejandro Outeiriño, polas que reclama 9.810,38 euros.

O primeiro dos autos confirma a resolución ditada polo Xulgado de Instrución e confirma que declara a dous policías locais exentos de responsabilidade penal e ordena continuar o procedemento contra un particular por un delito de resistencia á autoridade e de lesións a un axente. O segundo declara desistida a parte recorrente nun procedemento xudicial sobre unha reclamación pola plusvalía dunha propiedade.

Sentenzas: O Contencioso Administrativo estima parcialmente os nove (9) recursos interpostos por outros tantos traballadores municipais -Policías Locais- contra un decreto da área de Recursos Humanos de 2019, e recoñécelles o dereito a seren retribuídos, durante as baixas laborais, por calquera tipo de continxencia coa base reguladora do mes anterior á baixa médica, incluíndo, ademais do soldo base, antigüidade, complemento específico, complemento de destino e pagas extras, os pluses de festividade e de nocturnidade, e condena a administración local demandada a aboarlles as diferencias retributivas correspondentes aos períodos de incapacidade temporal. As sentenzas estiman estes recursos baseándose nunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de setembro de 2018 e no acordo da Xunta de Goberno Local de 2 de setembro de 2021.

Por outra banda, coñeceuse a sentenza do Contencioso Administrativo que desestima o recurso dun ex asesor municipal xa que este tivo coñecemento da resolución impugnada, e declara que o cesamento do seu contrato laboral é conforme a dereito ao ser decisión da autoridade que o nomeou.

Licenzas (3). Concédeselle licenza á Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia para o proxecto básico e de execución da reforma e mellora do Estadio de O Couto, e que contará cun orzamento de execución material de 1.157.446,81 euros. Tamén se lle concede licenza a unha particular para a construción dunha vivenda unifamiliar en Reza. Por último, denégase unha solicitude de certificación da antigüidade dunha parcela a tenor dos informes xurídicos que obran sobre a mesma.

Planeamento urbanístico (4). O Concello acordou non presentarse aos catro procedementos presentados por unha mercantil para a obtención de licenzas noutras tantas parcelas na Finca Caracochas, en Pereiro de Aguiar. Ademais, informará o Concello veciño do informe xurídico emitido polo Servizo de Planeamento e Xestión Urbanística de data 11 de outubro de 2021.

Xestión urbanística (1). A xunta de goberno acordou rexeitar a folla de aprecio presentada en relación co inicio do expediente de xustiprezo, por expropiación por ministerio da Lei, dos terreos na zona 6 do SU-3 do PXOU -as traseiras da rúa Ervedelo-.

Patrimonio (11). O Concello requiriralles a diferentes particulares sumas económicas en concepto de danos causados en bens de titularidade municipal: 110,43 euros polos danos nun sinal vertical na Avda. Otero Pedrayo; 96,50 euros polos danos causados por un vehículo na zona axardinada da glorieta de Pardo de Cela; 2.018,28 euros pola rotura dun valado na glorieta de Basilio Álvarez; e 160,05 euros polos danos en dous sinais verticais de tráfico nas rúas Lugo e Progreso.

Así mesmo, reclamaralle á concesionaria do servizo de auga, Viaqua, o pagamento de 2.004,32 euros que o Concello pagou previamente á comunidade de propietarios de Camiño Caneiro 18 polos danos causados como consecuencia do atasco dos sumidoiros da parte traseira do edificio.

Por outra banda, desestimáronse catro reclamacións polas lesións e danos sufridos por diversos particulares na praza de Eduardo Barreiros, Serra Martiñá, Progreso e avenida de Portugal ao non concorrer os requisitos legais esixibles para unha indemnización.

Igualmente, considera que non é a administración competente para resolver as dúas reclamacións presentadas polos danos ocasionados nun vehículo como consecuencia do mal estado da estrada da Lonia, e noutro vehículo danado polo alzamento dun bolardo na rúa Cruz Vermella.

Contratación (2). A xunta de goberno deu conta de dúas rectificacións de erros na redacción de senllos proxectos.

Servizos xerais (1). Apróbase un gasto de obriga a favor de 1.115,08 euros en favor dunha mercantil en concepto de dúas mensualidades (agosto e setembro de 2021) do contrato de alugueiro do local destinado ás seccións sindicais do Concello, na rúa Arcedianos 3.

Comercio (1). Desestimouse integramente o recurso presentado pola empresa titular do fotomatón da rúa Mestre Vide contra a súa retirada, e reitéraselle que deberá facelo no prazo de 15 días posteriores á notificación do acordo.

Sistemas de información (1). Aprobouse un gasto de 2-313,79 euros de caixa fixa, así coma a relación de facturas presentadas para a súa xustificación.

Educación (1). Deuse conta dunha corrección de erros na redacción dun acordo de xunta de goberno local do 7 de outubro e que non afecta ao fondo do mesmo.

Xestión económica e orzamentaria (1). Aprobouse o proxecto de modificación das dotacións económicas aos Grupos municipais, con vixencia desde o 1 de xaneiro de 2021. Así, establécese como asignación mensual a cada un dos grupos políticos do Concello de Ourense, a cantidade de 700 euros por grupo municipal constituído, e de 700 euros por cada membro.

A estes efectos, o número de membros de cada grupo queda determinado polo número de concelleiros electos na candidatura da formación política a través da que foron elixidos. Este número de membros manterase invariable durante toda a duración do mandato, con independencia de que un ou varios concelleiros abandonen o grupo ou non cheguen a integrarse no mesmo.

Este acordo elevarase ao Pleno da Corporación para que proceda, no seu caso, á aprobación provisional da modificación das Bases.

Participación Cidadá (1). Aprobouse a convocatoria de subvencións a Asociacións de veciños para o funcionamento e a realización de programas ou actividades a favor do asociacionismo veciñal para o ano 2021. Esta partida contará cun orzamento de 55.373,98 euros.

Relacionadas

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A Deputación exhibe con trece expositores a calidade agroalimentaria de Ourense no Salón Gourmets...

0
A través do Inorde, estará do 22 ao 25 de abril en IFEMA (Madrid) promocionando a provincia como destino enogastronómico de calidade da man...

Publicacións Relacionadas