HomeOurenseO Concello incorpora 5 novos axentes ao corpo da Policía Local

O Concello incorpora 5 novos axentes ao corpo da Policía Local

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ourense incorpora 5 novos axentes ao corpo da Policía Local. O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, presidiu a toma de posesión dos novos axentes, que chegan ao Concello a través dun concurso de mobilidade, tras deixar os seus anteriores destinos.

A incorporación por mobilidade cumpre coa Lei 4/2007 do 20 de abril, que establece que, como mínimo, o 25% das prazas ofertadas na Policía Local deben cubrirse por este procedemento.

Estas 5 prazas, cubertas por axentes xa en activo, forman parte da Oferta de Emprego Público do Concello, que ascende a un total de 20 prazas para o corpo da Policía Local.

Publicacións Relacionadas