HomeOurenseOurenseO Concello inicia a restauración da locomotora de vapor do barrio da...

O Concello inicia a restauración da locomotora de vapor do barrio da Ponte, cun proxecto orzamentado en 190.000 euros

- Anuncio -spot_img

O alcalde presentou os traballos: “a primeira actuación de calado  nesta máquina desde que se instalou aquí hai 49 anos”

O Concello de Ourense inicia a restauración da locomotora de vapor do barrio da Ponte. O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu esta mañá á presentación do inicio da execución dos traballos, cuxo proxecto ten un orzamento de licitación de 192.566,41 euros e un prazo de execución de 4 meses.

Ao acto asistiron tamén o concelleiro de Obras Públicas, Francisco Lorenzo; as concelleiras de Transporte Público, Ana Fernández, e Asuntos Sociais, Tamara Silva; o presidente da Asociación Europea de Ferroviarios,  Carlos Abellán Ruiz, xunto a Miguel Angel Sinde, da empresa Reparaciones Sinde SL, que executará os traballos, e Arturo Antón, de Tipoloxías Estruturais en madeira, formigón e aceiro, SL, responsable da asistencia técnica.

A locomotora de vapor 240-2072, de tipo mastodonte, fabricada no ano 1927, foille cedida no seu día ao Concello polo Consello de Administración de RENFE para a súa exposición na vía pública, como unha homenaxe ao persoal ferroviario no barrio da Ponte. Permanece na rúa Xesús Pousa Rodríguez, fronte á estación de ferrocarril, desde o ano 1976.

O proxecto elaborado polo Concello define os traballos necesarios para restaurar a locomotora, frear a súa deterioración progresiva e recuperar un aspecto o máis fiel posible á súa aparencia orixinal.

O alcalde manifestou que “hoxe é un día sinalado para a cidade de Ourense, porque iniciamos a primeira actuación de calado que se vai facer nesta máquina de tren desde que se instalara aquí hai 49 anos”.

Publicacións Relacionadas