HomeOurenseO Concello inicia a rolda de contactos para a redacción dunha nova...

O Concello inicia a rolda de contactos para a redacción dunha nova ordenanza de veladores en Ourense

- Anuncio -spot_img

Os grupos políticos con representación no Concello reuníronse por segunda vez esta mañá para avanzar na tramitación dunha ordenanza de veladores para a cidade de Ourense. O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, manifestaba ao remate da reunión que o documento debe servir para superar o conflito de intereses sobre o espazo público.

Logo desta primeira toma de contacto entre os grupos, iranse incorporando diferentes asociacións e colectivos implicados para enriquecer o documento.

Publicacións Relacionadas