Home Ourense O Concello inicia as obras de mellora da accesibilidade á Carballeira, “o...

O Concello inicia as obras de mellora da accesibilidade á Carballeira, “o maior investimento específico de barrio da historia da cidade”

- Anuncio -

O alcalde Pérez Jácome presentou esta intervención, que conectará a Avenida de Portugal coa Praza do Sagrado Corazón a través dunha rampla mecánica cuberta, con 2 tramos, que salvará a forte pendente ascendente


As obras están orzamentadas en 1,7 millóns de euros, e forman parte dun paquete de investimentos na Carballeira por importe de 3,3 millóns neste mandato municipal

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, presentou esta mañá as obras de mellora da mobilidade vertical e humanización da rúa Nicomedes Pastor Díaz, que executa desde hoxe o Concello de Ourense. O proxecto, cun orzamento de licitación de 1.667.122,20 euros, ten como obxectivo mellorar a accesibilidade ao barrio da Carballeira desde a Avenida de Portugal. A fórmula elixida é a instalación dunha rampla mecánica, emprazada no medio da calzada da rúa Nicomedes Pastor Díaz, con 2 tramos de 23 e 37 metros de lonxitude cada un, cuberta cunha estrutura metálica para protexer da intemperie. O Concello tamén aproveitará esta actuación para aumentar o espazo peonil e renovar todos os servizos existentes na rúa. As obras serán executadas pola empresa Prace, de Vigo, que actualmente está rematando a instalación das ramplas da Gran Vía da cidade olívica

O alcalde definiu estas obras como “a obra específica de barrio máis importante que se fixese nunca en Ourense”, que vai unir a Avenida de Portugal coa Praza do Sagrado Corazón. Fará que a veciñanza da Carballeira “estea máis cerca, e conte cunha mellor accesibilidade”, xa que a forte pendente que orixina a diferencia de altura “será moitísimo máis fácil de salvar”.

Gonzalo Jácome subliñou que esta obra se suma a un paquete de investimentos que o Concello executa durante este mandato no barrio, entre as que están, detallou, a reforma da Praza da Lexión, cun proxecto inicialmente orzamentado en medio millón de euros e que se licitará de novo proximamente, a reforma da rúa Vázquez Núñez (490.000 euros), a do polideportivo da Carballeira (490.000 euros), as zonas infantís na Praza do Sagrado Corazón (49.000 euros) e Vázquez Núñez (49.000 euros), e obras varias (180.000 euros). Xuntas suman 3,3 millóns de euros neste mandato na Carballeira, segundo destacou o rexedor.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente para contratar un novo sistema de...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense deu luz verde a dous novos proxectos construtivos financiados parcialmente con fondos procedentes do Plan...

A Xunta pon en valor na Feira EmpregoInCampus Ourense a colaboración coa Universidade...

0
José González sinalou que se destinarán 410.000 euros ás universidades de Vigo, de Santiago de Compostela e da Coruña para impulsar o espírito empresarial...

Luis Menor empraza á Capitalidade de Montaña 2024 para mostrar o compromiso de Ourense...

0
O presidente provincial participou na inauguración das xornadas que fixan a Chandrexa de Queixa como primeiro emprazamento da Capitalidade de Montaña de España 2024,...

O Concello de Ourense festexa o Día da Educación Física na rúa cunha actividade...

0
A actividade reuniu máis de 300 participantes, entre profesorado e alumnado, do CPR Luis Vives Máis de 300 persoas, entre alumnado e profesorado, xuntáronse esta...

A Deputación mobiliza máis de 420.600 euros en axudas para ciclos e festivais culturais,...

0
A Xunta de Goberno tamén autorizou a modificación de obras, dentro do Plan de Cooperación CooperOU, solicitadas polos concellos de Boborás, Leiro, Punxín e...

Publicacións Relacionadas