Teñen un orzamento de 123.000 euros e un prazo de 3 meses
Perseguen mellorar a calzada, ensanchar as beirarrúas e mellorar a accesibilidade e das interseccións
O Concello de Ourense iniciou hoxe as obras de rehabilitación de firme na rúa Leiras Pulpeiro, que suporán un investimento de 123.500,36 euros. O proxecto ten por obxecto o acondicionamento parcial da rúa, que comunica a Avenida de Zamora e a rúa Rodríguez de la Pasera, en Mariñamansa, coa mellora da calzada nalgún tramo, a adecuación á normativa vixente sobre accesibilidade, ensanchamento de beirarrúas e mellora da seguridade viaria desta rúa e as súas contornas, mellorando as interseccións existentes ao comezo e ao final da rúa. Tamén se acondiciona un espazo urbano colindante como área de recreo, con actuación de humanización e instalación de mobiliario urbano. As obras son executadas pola empresa Explotacións Medioambientais S.L.U e teñen un prazo de execución de 3 meses.