HomeOurenseO Concello inicia este martes o acondicionamento de espazos na estrada de...

O Concello inicia este martes o acondicionamento de espazos na estrada de Vigo, á altura do Pino

- Anuncio -spot_img

A obra suporá a mellora da accesibilidade e da iluminación, así coma a ordenación de aparcadoiros. Contará cun orzamento de 48.250 euros.

A Concellería de Infraestruturas do Concello de Ourense inicia, este martes 26 de xaneiro, a execución da obra de acondicionamento de espazos na estrada de Vigo, entre os números 85 e 89.

O orzamento desta obra é de 48.252,91 euros, e a actuación consistirá principalmente na mellora dos pavimentos deste barrio do Pino, na marxe esquerda da calzada, aplicando una capa de formigón, mellorando a accesibilidade e ordenando as zonas peonís e de estacionamento.

A duración máxima estímase en dous meses. Mentres duren as obras non se poderá estacionar os vehículos na zona.

Publicacións Relacionadas