O Concello inicia unha nova campaña de agasallo de libros ás nenas e aos nenos de Ourense

adminON
Lectura mínima de 2

Desde o 1 de febreiro até o 4 de marzo poderán elixir un libro  de até 20 euros nas librarías da cidade

Os establecementos comerciais que desexen participar poden solicitalo até o día 26 de xaneiro

O Concello de Ourense pon en marcha unha nova campaña de agasallo de libros aos nenos e as nenas empadroados na cidade e nados a partir do ano 2006 (incluído). Desde o día 1 de febreiro até o 4 de marzo poderán retirar un libro de até 20 euros, á súa escolla, en calquera dos establecementos que se adhiran á convocatoria

O Concello de Ourense publica as bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense do día de hoxe, 18 de xaneiro. As librarías poden adherirse presentando  unha solicitude de participación, cubrindo unha instancia e presentándoa a través da sede electrónica do Concello, coa data límite do día 26 de xaneiro.  A listaxe de locais participantes publicarase na web do Concello.

As nenas e os nenos poderán adquirir un libro cun custo máximo de 20 euros (exclúense expresamente os libros de texto e o material escolar). Para poder recibir a axuda deberá realizarse unha solicitude a través da páxina web https://libros.ourense.gal. Unha vez cubertos os datos requiridos (datos do/a pai/nai ou titor/a, correo electrónico e teléfono de contacto, datos do/a neno/a beneficiario/a) enviaráselle un código alfanumérico por cada neno/a ao seu correo electrónico (ou sms) que deberá presentar, xunto co NIF, no establecemento.

Comparte este artigo