Home Ourense O Concello iniciará o luns as obras do proxecto de rehabilitación do...

O Concello iniciará o luns as obras do proxecto de rehabilitación do firme nas rúas Xoan XXIII, Concello, Parque de San Lázaro e Curros Enríquez

- Anuncio -

Tamén comezarán as obras de renovación da rúa Ribeira de Canedo, no barrio da Ponte

O Concello de Ourense iniciará o luns 31, de xaneiro, as obras do proxecto de rehabilitación do firme nas rúas Xoán XXIII, Concello, Parque San Lázaro e Curros Enríquez. A actuación contempla a rehabilitación do firme destas rúas, así como dos entroncamentos coas rúas Mestre Vide e Celso Emilio Ferreiro. Tamén se ampliará un tramo da beirarrúa de Mestre Vide, adaptaranse os pavimentos das paradas de autobús á normativa de accesibilidade e repararanse os pavimentos de baldosa destas rúas.

O orzamento de licitación da obra é de 358.985,11 € e o prazo de execución é de 3 meses. Os traballos comezarán polas actuacións de reparación de pavimentos nas beirarrúas e finalizarán coas de reposición do firme existente.

Inicio das obras na rúa Ribeira de Canedo

Tamén o vindeiro luns, 31 de xaneiro, comezarán as obras de renovación da rúa Ribeira de Canedo, no barrio da Ponte. Aínda que o inicio estaba previsto para esta semana, os traballos non se puideron iniciar por causas alleas á vontade do Concello.

O proxecto ten un orzamento de licitación de 268.450,12 euros, un prazo de 4 meses e prevé a renovación da rede de saneamento e a substitución do firme da calzada. A execución das obras requirirá pechar a rúa ao tráfico, de forma que só se lles permitirá o acceso a residentes e vehículos que presten servizos públicos e de emerxencias. O tráfico da rúa será de dobre sentido de circulación, para o que será necesario anular as prazas de estacionamento e cambiar o emprazamento dos colectores de lixo. Os itinerarios alternativos serán polas rúas Mercado e Vicente Risco.

Relacionadas

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A Deputación exhibe con trece expositores a calidade agroalimentaria de Ourense no Salón Gourmets...

0
A través do Inorde, estará do 22 ao 25 de abril en IFEMA (Madrid) promocionando a provincia como destino enogastronómico de calidade da man...

Publicacións Relacionadas