HomeOurenseO Concello instala cinco novas fontes para cans para fomentar a saúde...

O Concello instala cinco novas fontes para cans para fomentar a saúde e o benestar das mascotas na cidade

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ourense instalou cinco novas fontes de auga potable para cans en diferentes zonas da cidade coa finalidade de fomentar a saúde e o benestar das mascotas e facer de Ourense un espazo cada vez máis amable cos animais de compañía.

As novas fontes están na Praza do Couto, a Praza de San Marcial, a Alameda, a Praza Daniel González (As Lagoas) e o Parque de San Lázaro, cinco zonas con alta afluencia de persoas que pasean cos seus cans a diario. Con esta iniciativa, o Concello atende unha demanda cidadá e reforza o seu compromiso co coidado dos animais.

Este novo equipamento permitirá que as mascotas dispoñan de puntos de hidratación axeitados, especialmente durante os meses de verán cando as temperaturas son máis elevadas na cidade. Tamén contribuirá a previr problemas de saúde, evitar que os animais busquen auga en lugares non adecuados, e favorecer o uso e desfrute responsable e compartido dos espazos públicos.

Publicacións Relacionadas