HomeOurenseOurenseO Concello instalará estacións de alugueiro de bicis eléctricas en 23 zonas...

O Concello instalará estacións de alugueiro de bicis eléctricas en 23 zonas da cidade, con 330 unidades dispoñibles

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ourense instalará estacións de alugueiro de bicicletas eléctricas en 23 zonas da cidade coa finalidade de fomentar o uso deste modo de transporte sustentable. O goberno municipal definiu xa os 23 emprazamentos destas unidades, que estarán dotadas con servizo de recarga eléctrica. Serán:

Oira, Rúa do Vinteún, Praza da Mariña, Vicente Risco, estación intermodal, A Chavasqueira, Vistafermosa, Pavillón dos Remedios, As Lagoas, Universidade – campus de Ciencias, Universidade – campus de Humanidades, Parque de San Lázaro, O Couto, Auditorio, Pena Trevinca, Bispo Cesáreo, Xardín do Posío, Complexo Hospitalario, Barrocás, A Carballeira, A Farixa, Universidade Laboral e Pazo Paco Paz – Expourense.

Ademais, en 12 destes emprazamentos haberá tamén unha estación de apoio sen recarga (Oira, Vicente Risco, estación intermodal, Universidade – Campus de Ciencias, Universidade – Campus de Humanidades, Xardín do Posío, Pavillón dos Remedios, Barrocás, Parque de San Lázaro, Auditorio, Bispo Cesáreo e Complexo Hospitalario).

O sistema contará en total con 330 bicicletas, 35 estacións (combinando puntos con e sen recarga), e 500 ancoraxes, das que 350 serán de recarga. O Concello inicia estes días os traballos de instalación das estacións, co obxectivo de que o servizo poida entrar en funcionamento a comezos do ano próximo.

O contrato de subministración das bicicletas eléctricas foi adxudicado á empresa alemá Nextbike GmbH por un importe total de 1.258.400 €.

Este proxecto está financiado parcialmente a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia con fondos procedentes da Unión Europea – Next Generation EU, mediante subvención concedida polo Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable. O importe da subvención ascende a 279.286,91 € e enmárcase no proxecto Move Ourense II aprobado polo Concello.

Publicacións Relacionadas