O Concello lembra os servizos mínimos durante a folga do persoal dos días 31 de outubro e 4 de novembro

adminON
Lectura mínima de 1

O Concello de Ourense lembra os servizos mínimos establecidos para a folga do persoal funcionario e laboral convocada para mañá, xoves, 31 de outubro, e o luns, 4 de novembro. Serán os seguintes:

Servizo de prevención, extinción de incendios, Salvamento e Protección civil: dotación completa de once funcionarios/as e cando menos un mando.

Servizo de Benestar Social. Fogar do Transeúnte: 50% do persoal

Servizo de Cultura, Xuventude e Participación Cidadá. Sección Cultura:

50% do persoal

Servizo de Saúde. Dispensario Metadona UAD: 1 funcionario/a

Cemiterios municipais: 50% do persoal

Sistemas de información: 1 persoa de perfil técnico do servizo.

Servizos Xerais: 1 alguacil

Estatística: 1 funcionario/a para atender certificados urxentes de empadroamento e similares.

Servizos con atención ao público: 1 auxiliar/administrativo por cada un dos servizos.

Xefaturas de servizos ou asimilados: a persoa titular ou quen a substitúa.

A oficina de atención ao cidadán en materia de rexistros (Rexistro Xeral), na rúa da Barreira estará pechada. Para a emisión de volantes e certificados de empadroamento, as persoas interesadas deberán dirixirse ás oficinas de Estatística, na Praza de San Martiño, baixo.

Comparte este artigo