HomeOurenseO Concello licita as obras de instalación dun elevador na rúa Avilés...

O Concello licita as obras de instalación dun elevador na rúa Avilés de Taramancos, cun orzamento de 540.000 euros

- Anuncio -spot_img

A xunta de goberno aproba un Plan de medidas anti-fraude na xestión de fondos europeos

Acorda recorrer a sentenza do xulgado que estima en parte o recurso de 4 concelleiros do PSOE contra a modificación orzamentaria de 63 millóns de euros

A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou na súa sesión desta mañá o expediente para contratar as obras de instalación dun elevador na rúa Avilés de Taramancos. O proxecto ten un orzamento de 540.000 euros, IVE engadido. Na mesma sesión, tratáronse 26 expedientes presentados polas diferentes áreas municipais. Entre eles, a xunta local acordou recorrer a sentenza do xulgado que estima en parte o recurso presentado por 4 concelleiros do PSdeG-PSOE contra a aprobación definitiva da modificación orzamentaria 2P/2021, por un importe de 62,6 millóns de euros aprobada no pasado mes de xullo. Tamén, a proposta da Alcaldía, a xunta local aprobou tamén o Plan de Medidas Anti – Fraude na Xestión de Fondos Europeos do Concello de Ourense.

Licenzas (3)

A xunta local acordou conceder:

Licenza ao colexio “María Auxiliadora Salesianos” licenza urbanística de obra maior para proxecto básico e de execución de instalación de ascensor e escaleiras exteriores no edificio emprazado na Praza Don Bosco.
Licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución de construción dunha vivenda unifamiliar na rúa Soutelo, O Peliquín.
Licenza de obra de mellora nas condicións de accesibilidade, coa instalación dun ascensor, dun edificio na rúa Antonio Puga.

Patrimonio (1)

Inadmitir unha reclamación de responsabilidade patrimonial por lesións producidas por un accidente na rúa Marcelo Macías, por non ser o Concello de Ourense a Administración competente para resolvela. As actuacións remítense á Axencia Galega de Infraestruturas

Servizo de Rehabilitación VPP e Peri (2)

Outorgar definitivamente a subvención solicitada pola comunidade de propietarios dun edificio na Avenida de Portugal, por importe de 35.130 euros, pola execución de obras de instalación de ascensor e obras auxiliares, con cargo á partida de Rehabilitación na ARRU Polvorín, Camelias, Carballeira-5ª
Aprobar a modificación do artigo 9 apartado 2 das bases reguladoras da convocatoria pública para a concesión de subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas nas Áreas de Rexeneración e renovación urbanas (ARRU) do Concello de Ourense (Casco Histórico de Ourense – 18ª fase; do Núcleo Etnográfico de Seixalbo – 13 ª fase; Polvorín-Camelias-Carballeira – 6ª fase e Serra San Mamede -Cruceiro Quebrado – Inmaculada – 4ª fase).
A modificación consiste en eliminar este parágrafo obrante no citado punto 9.2 das ditas bases: “Para o caso de recibir as axudas autonómicas debe destinarse a vivenda a domicilio habitual e permanente da persoa promotora ou da persoa arrendataria, no caso de que se destinen ao alugueiro, por un prazo non inferior a 5 anos, de conformidade co artigo 7 do Decreto 18/2014, do 13 de febreiro e o artigo 31.4 da Lei 38/2003, do 17 de novembro. Este prazo computarase desde a data de notificación da cualificación definitiva, cando se trate de uso propio, ou desde a data de sinatura do contrato de alugueiro, para os casos en que se destine a esta finalidade, tendo en conta que o contrato debe estar dado de alta no período comprendido entre o día seguinte ao da notificación da cualificación definitiva e o día da resolución de concesión ou pago da axuda.”

Esta modificación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e na páxina web do Concello www.ourense.gal.

Contratación (2)

Aprobar o expediente para contratar o servizo de mantemento do centro de proceso de datos do Concello de Ourense
Aprobar o expediente para contratar, mediante procedemento aberto, as obras do proxecto de instalación de elevador na rúa Avilés de Taramancos, coa correspondente aprobación do prego de condicións económico – administrativas por importe de 540.000,00 euros, IVE engadido.

Alcaldía (1)

Aprobar o Plan de Medidas Anti – Fraude na Xestión de Fondos Europeos do Concello de Ourense, conforme ao documento, en cumprimento do previsto no artigo 6 da Orde HFP/1030/2021, de 29 de setembro de 2021. O Plan publicarase integramente no portal de transparencia e na páxina web do Concello de Ourense e do Consello Municipal de Deportes, para xeral coñecemento, e sen prexuízo da súa difusión entre o persoal da entidade e outras persoas interesadas (contratistas, subcontratistas ou beneficiarios de subvencións) nos termos previstos no propio Plan. Tamén se aproba expresa e especificamente una Declaración institucional de compromiso efectivo co reforzo dos mecanismos de integridade.

Avogacía Consistorial (17)

Sentenzas (7)

Dúas sentenzas do Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Ourense en relación a reclamacións polo imposto de plusvalías: una delas desestima o recurso dunha particular e outra estima o recurso, co que acordara previamente a súa conformidade o Concello.

Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que estima o recurso interposto polo Concello, revoca unha sentenza anterior do Xulgado contencioso-administrativo nº 2 de Ourense, e desestima o recurso dun traballador ao que non se lle concedera un permiso que solicitara.

Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que estima parcialmente un recurso contra a resolución do Xurado de Expropiación de Galicia de 27 de maio de 2021, que fixou o prezo xusto da leira expropiada por ministerio da lei denominada “Acevedo”. A sentenza fixa o valor da parcela litixiosa en 1.742.648,81 €

Do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que desestima o recurso de apelación promovido pola Diócese de Ourense contra a Sentenza ditada polo Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, no Procedemento ordinario 268/2020. A demandante solicitaba que se condenase ao Concello a abonarlle a cantidade de 1.211.467,54€ máis os intereses legais pola ocupación de 2 parcelas nas localidades de Cudeiro e Seixalbo. O Concello fixara a contía en 102.857,52€. O TSXG desestima o recurso de apelación interposto pola Diócese, confirmando a resolución municipal.

Recorrer a sentenza núm. 92/2022 ditada polo Xulgado Contencioso-Administrativo núm. 2 de Ourense, no Procedemento Ordinario 210/2021, promovido por promovido por 4 concelleiros do grupo do PSOE no Concello de Ourense contra o Decreto polo que se aprobou definitivamente a modificación orzamentaria 2P/2021, por importe de 62,6 millóns de euros.

Sentenza do Xulgado do contencioso administrativo nº 1 de Ourense, no procedemento ordinario promovido a instancia dunha comunidade de propietarios no Mirador de San Lázaro contra a instrución ditada pola xunta de goberno de data 17/12/2020 pola que se estableceron as condicións xerais para a tramitación de solicitudes de autorización de ocupación da vía publica mediante terrazas de veladores no municipio de Ourense, anulando a resolución recorrida.

Comparecencias (10)

O Concello tamén deberá comparecer en calidade de demandado en 10 procedementos abreviados relativos a diferentes asuntos: reclamacións en materia tributaria, retributiva, administrativa, e de responsabilidade, reclamacións de abono de facturas, declaración de ruína dun inmoble, unha infracción por verteduras e un acordo do Xurado de Expropiación de Galicia.

Publicacións Relacionadas