Home Ourense O Concello non acudirá á convocatoria de axudas parciais convocadas polo goberno...

O Concello non acudirá á convocatoria de axudas parciais convocadas polo goberno central para os billetes de autobús

- Anuncio -

O Concello de Ourense non acudirá finalmente á axuda parcial convocada polo goberno central para reducir o custo dos billetes de autobús urbano. Así o avanzou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen explica que o goberno municipal toma esta decisión por varios motivos. Por unha banda, modificar as tarifas do servizo requiriría a aprobación dunha modificación da ordenanza municipal, o que conleva uns prazos de tramitación que farían que os novos prezos non entrarían en vigor antes do mes de decembro. Dado que as subvencións que outorga o Estado serían para o período de setembro a xaneiro, na práctica a redución das tarifas só sería efectiva durante apenas un mes.

Neste escenario, o goberno municipal advirte que podería ser contraproducente no mes de xaneiro aplicar en decembro baixadas do billete de autobús que só terían un mes de duración.

Explica Gonzalo Jácome que “se se reducen as tarifas en decembro e isto produce unha suba do billete no mes de xaneiro, podería ser un desincentivo á utilización do servizo municipal de autobuses urbanos”, cando “o que buscamos desde o Concello de Ourense é todo o contrario: que máis xente utilice o servizo público de transporte”.

Lembra tamén o alcalde que o custo dos billetes dos autobuses urbanos do Concello de Ourense son dos máis baixos de toda España”, cun prezo de 0,85 céntimos.

Relacionadas

A Deputación exhibe con trece expositores a calidade agroalimentaria de Ourense no Salón Gourmets...

0
A través do Inorde, estará do 22 ao 25 de abril en IFEMA (Madrid) promocionando a provincia como destino enogastronómico de calidade da man...

A Deputación regalará mañá un exemplar do libro “Ourense, muy cerca” a todos os...

0
Esta campaña de promoción, a través do traballo do escritor e xornalista Moncho Conde-Corbal, pon o foco nas vantaxes que ofrece a alta velocidade...

Cortes de tráfico na rúa Santo Domingo pola execución de obras, desde mañá até...

0
A rúa Santo Domingo estará pechada ao tráfico de vehículos desde o acceso pola rúa Concordia, o martes, 23 de abril e o mércores,...

Preto de 400 cicloturistas percorren a Baixa Limia na “Ourense Strade Termal”

0
O deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participou hoxe no Balneario Caldaria de Lobios, no corte de cinta que daba...

Luis Menor apela á colaboración público-privada para “facer o Camiño xuntos e potenciar a...

0
O presidente provincial clausurou xunto ao seu homólogo zamorano, Javier Faúndez, o Ciclo adicado ao Camiño Meridional organizado pola UNED de Ourense e Zamora Anunciou...

Xunta de Goberno Local extraordinaria para aprobar as novas delegacións de competencias do grupo...

0
O Concello de Ourense convocou esta mañá unha Xunta de Goberno Local extraordinaria onde se aprobaron cambios na delegación de competencias dos concelleiros e...

Publicacións Relacionadas