O Concello de Ourense ofrecerá en directo a través da súa páxina web e aplicación móbil a xeolocalización do paso da procesión de Fátima que o vindeiro luns, día 13 de maio, transcorrerá desde a igrexa de Fátima até a catedral de San Martiño. As persoas interesadas poderán seguir en directo sobre un mapa da cidade onde se atopa en cada momento a comitiva, desde o barrio do Couto até o Centro Histórico, través das rúas Ervedelo, Progreso, Cruz Vermella, Praza Eugenio Montes, Lamas Carvajal, Praza de Santa Eufemia, e Juan de Austria. Para isto, só terán que acceder á páxina web do Concello www.ourense.gal ou á aplicación oficial do Concello mOUbil. Tamén poderán visualizar os cortes de tráfico que se levarán a cabo para permitir o paso da procesión.
O Concello prestará este sevizo a través de GISou, unha ferramenta de xeolocalización deseñada polo Departamento de Innovación Tecnolóxica (DIT) do Concello. Estreouse o pasado mes de xaneiro coa Cabalgata de Reis e desde entón vai engadindo diferentes capas estáticas e dinámicas que permiten acceder desde un mapa interactivo a información de interese sobre o Concello. O xoves pasado, na súa última actualización, GISou incorporou novas capas de alertas (acerca de obras, cortes de tráfico, subministracións de agua, luz…), e outra capa de esculturas, que se sumaron ás existentes (mobilidade vertical, prazas de mobilidade reducida, parques, fontes, radares, etc.).
Todos os contidos en: https://gis.ourense.gal/

