Os obradoiros infantís estarán este ano no Parque de San Lázaro, desde onde sairá ás 19.00 horas o desfile que rematará na Praza Maior
A programación de actividades inclúe tamén un túnel e unha pasaxe do terror, a procesión da Santa Compaña, un concerto infantil e a actuación da orquestra Panorama, entre outras
O Concello de Ourense organiza mañá, xoves, 31 de outubro, a Noite de Medo – Halloween 2024, cunha morea de actividades festivas e de lecer para todos os públicos. As propostas comezarán ás 5 da tarde cun obradoiro infantil de cabazas e maquillaxe, que este ano se desenvolverá no Parque de San Lázaro. Desde alí partirá, ás 19.00 horas, o Desfile do Medo, con Pablo Méndez, que avanzará polo Paseo até a Praza Maior, onde ás 20.00 horas haberá un concerto infantil.
Un flash mob, un túnel e unha pasaxe do terror, unha batucada, o espectáculo Chaioso Medo e a Procesión da Santa compaña (Paseo e zona vella) son outras das propostas dunha xornada que tamén incluirá a actuación da orquestra Panorama (ás 22.30, na Alameda) e de DJ A Gramola (ás 0.00 h, na Praza Maior).
PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES
17.00 a 19.00 h Obradoiro infantil de cabazas e maquillaxe, no Parque de San Lázaro.
19.00 horas. Desfile de Medo. Con Pablo Méndez, Momias do Afastado Exipto, precedido de desfile infantil de cabazas con batucada e Hagrid co seu sidecar (Harry Potter). Desde o Parque San Lázaro até a Praza Maior, pola rúa do Paseo
19.00 Flash mob de Thriller (Escola Estilo Libre). Rúa Padre Feijoo.
19.00 a 22.30 h Túnel do terror na Alameda (pase nocturno de 01.30 a 3.00 h)
19.00 a 3.00 h Pasaxe de Medo na Alameda.
19.45 h Animación con diaños, camiñantes brancos, árbores, ollos de terror e gran dragón, na Praza Maior e zona vella.
20.00 h Concerto infantil. Got Pop – Un musical doutra galaxia, na Praza Maior.
20.45 Batucada e lenda. Praza do Ferro e zona vella.
21.00 a 0.00 h Chaioso de Medo. Praza Maior e Santa Eufemia.
22.30 a 01.30 Orquestra Panorama, Especial Halloween. Alameda.
00.00 a 3.00 h DJ A Gramola, na Praza Maior.
00.30 a 2.00 h Procesión da Santa Compaña. Paseo e zona vella.