Home Ourense O Concello organiza o 'Bautismo Náutico', actividades acuáticas en Castrelo de Miño...

O Concello organiza o ‘Bautismo Náutico’, actividades acuáticas en Castrelo de Miño para rapazada de 7 a 18 anos

- Anuncio -

Desenvolverase os días 10, 12, 24 e 26 de agosto

Iniciaranse en deportes coma o hidropedal, kayak recreo, paddle surf, windsurf e vela en barco.

Prazo de inscrición: desde as 10.00 horas do venres 30 de xullo até as 23.59 horas do martes 3 de agosto, en www.educacionourense.com

A Concellería de Educación do Concello de Ourense organiza unha nova actividade de verán para a mocidade de 7 a 18 anos. O Bautismo Náutico quere achegar a práctica dos deportes náuticos de forma lúdica, de forma que os mozos e mozas poidan adquirir fundamentos básicos e pasar unhas xornadas divertidas aprendendo deportes de auga coma o hidropedal, o kayak de recreo, o paddle surf, o windsurf ou a vela en barco.

As actividades realizaranse no Club Náutico de Castrelo de Miño os días 10, 12, 24 de agosto en horario de 10.00 a 13.30 horas, e o 26 de agosto, de 16.00 a 19.30 horas. Cada persoa poderá inscribirse nunha soa data, tendo como únicos requisitos imprescindibles ter 7 anos cumpridos e saber nadar -haberá que asinar unha declaración responsable-.

O prazo de inscrición ábrese mañá, venres 30 de xullo, desde as 10.00 horas, e pecharase ás 23.59 horas do martes, 3 de agosto. Deberá facerse a través do formulario que se pode atopar en www.educacionourense.com Unha vez inscritas e admitidas, deberán formalizar a matrícula seguindo as instrucións que poderán atopar nese mesmo espazo web.

A actividade estará rexida en todo momento polo protocolo e normas Covid.

Valores e natureza. Nesta etapa de pandemia, a Concellería de Educación fomenta actividades lúdico-didácticas na natureza, ao aire libre, aproveitando os recursos da nosa provincia, coa intención de inculcar o respecto aos demais, o traballo en equipo, de valorar o noso patrimonio etnográfico, cultural e natural e a necesidade de conservar o medio ambiente.

Relacionadas

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A Deputación exhibe con trece expositores a calidade agroalimentaria de Ourense no Salón Gourmets...

0
A través do Inorde, estará do 22 ao 25 de abril en IFEMA (Madrid) promocionando a provincia como destino enogastronómico de calidade da man...

Publicacións Relacionadas