HomeOurenseOurenseO Concello organiza o Concurso de Pinchos de Ourense, con 51 propostas...

O Concello organiza o Concurso de Pinchos de Ourense, con 51 propostas de 45 establecementos da cidade, que se poderán degustar desde mañá até o 21 de xuño

- Anuncio -spot_img

O certame concederá premios económicos de até 1.500 euros aos locais de hostalaría e 90 agasallos ao público participante

O alcalde e a concelleira de Turismo presentaron esta nova edición, nun acto no que tamén participaron representantes das empresas e entidades patrocinadoras: D.O. Ribeiro, Grupo Coren, Estrella Galicia e Aceites Abril, e da Asociación de Celíacos de Galicia, colaboradora

O Concello de Ourense organiza o Concurso de Pinchos de Ourense, que se desenvolverá desde mañá, venres, 13, até o sábado, 21 de xuño. Corenta e cinco establecementos de hostalaría da cidade porán á disposición do público 51 propostas diferentes, nas modalidades de pincho clásico ou de pincho de innovación. O concurso outorgará premios de até 1.500 euros aos locais participantes e repartirá 90 agasallos entre o público.

O salón de plenos acolleu esta mañá a presentación do certame, nun acto no que participaron o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, a concelleira de Turismo, Noa Rouco, e representantes das empresas e entidades patrocinadoras: Concha Iglesias, presidenta do Consello Regulador do Ribeiro, Javier Fernández, responsable de Canal Horeca do Grupo Coren, José Luis Rodríguez, delegado en Ourense de Estrella Galicia, Marta Pérez Canal, responsable de Recursos Humanos de Aceites Abril; e Nuria Colmenero, responsable do departamento de restauración e seguridade alimentaria da  Asociación de Celíacos de Galicia (entidade colaboradora)

O concurso incorpora moitas novidades nesta edición. A primeira, as datas: desde mañá, venres, día 13 até o sábado, 21, aproveitando a semana das Festas de Ourense, que transcorrerán desde o día 18 ao 22. Os premios entregaranse o último día das festas, o 22, pola noite ás 22.00 horas, xusto antes da derradeira actuación musical da orquestra Cañón e da tirada dos fogos artificiais.

Tamén como novidade, este ano os premios para os locais de hostalaría terán dotación económica, e incorpórase unha nova categoría: Pincho clásico, coa finalidade de recoñecer e promocionar as mellores delicatessen que se ofrecen permanentemente na cidade. Haberá 3 premios de 1.500, 1.000 e 500 euros.

A segunda categoría será a do Pincho innovación 2025, e distinguirá creacións inéditas e orixinais, tamén con tres premios, de 1.500, 1.000 e 500 euros. Os premios (Clásico e Innovación) serán ponderados, unha mestura entre o voto popular e o do xurado profesional) Ademais, entre todos os pinchos inscritos no concurso, outorgarase un premio de 400 euros ao mellor Pincho celíaco, é dicir, que non se empregue glute na súa elaboración. Os prezos dos pinchos deberán estar entre 2,50 e 4 €. 

Toda a información (bases do concurso, locais participantes, pinchos, votacións…) estará dispoñible durante o concurso na páxina web do Concello:

https://ourense.gal/pinchos

Publicacións Relacionadas