HomeOurenseO Concello organiza unha programación de actividades para escolares na Aula de...

O Concello organiza unha programación de actividades para escolares na Aula de Natureza durante as vacacións de Nadal

- Anuncio -spot_img

As familias interesadas poderán realizar a inscrición desde o luns, 4 de decembro

A Concellería de Educación do Concello de Ourense organiza unha programación de actividades para escolares na Aula de Natureza do río Miño durante as vacacións de Nadal. As familias interesadas poderán solicitar praza desde o luns, 4 de decembro na propia aula municipal, no Paseo de Oira (de 8.30 a 14.30 h). Poderán participar escolares de Educación Primaria e desenvolveranse de 9.00 a 14.00 horas os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro.

Con estas actividades, preténdese concienciar a rapazada da importancia da conservación do medio ambiente, dada a implicación directa que ten na nosa vida e saúde. Desenvolveranse xogos, manualidades, adornos de Nadal, hortas de interior, concienciación sobre a limpeza das marxes do río, a xestión da auga, a vida das aves, as mascotas ou un paseo didáctico polo castro de Oira. O custo de inscrición é 10 euros por escolar e, de ser o caso, 5€ por irmán ou irmá.

Publicacións Relacionadas