O Concello organizará en maio as Festas do Couto, con 4 orquestras, concerto de Luar na Lubre e espectáculo de drons

adminON
Lectura mínima de 1

O Concello de Ourense organiza as Festas do Couto 2025, que se desenvolverán desde o día 15 até o 19 de maio, con media ducia de actuacións  musicais, unha exhibición de drons e a presenza das tradicionais barracas festivas, entre outras propostas para todo tipo de públicos.

O programa prevé estas citas:

Xoves, 15 de maio, ás 23.00 horas: Combo Dominicano

Venres, 16 de maio, ás 23.00 horas: Cuarta Calle

Sábado, 17 de maio, Día das Letras Galegas, 3 espectáculos: Concerto de Luar na Lubre (20.00 a 21.30 horas), Gran espectáculo de drons (23.30 h) e Actuación da orquestra Horizon the show, de 0.00 a 2.00 horas.

Domingo, 18 de maio, ás 20.00 horas: Orquestra Cinema

Luns, 19 de maio: Día do neno, coas atraccións das barracas festivas á metade de prezo.

Comparte este artigo