O alcalde recomenda á poboación que se absteña de achegarse ás marxes fluviais
O Concello de Ourense mantén pechado o acceso ao río Miño á altura do Pavillón dos Remedios e baixo o centro comercial, e en diversos puntos máis a causa de crecida do río. O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, recomenda á poboación que se absteña de achegarse ás marxes dos ríos, tanto do Miño como do Barbaña, Barbadás e Lonia. As crecidas dos rios prevese que acaden o seu máximo nivel mañá venres e que comecen a baixar o sábado, polo que se recomenda prudencia, e que se revisen desaugues, bombas de achique en sotos e baixos etc.
Os servizos municipais tanto de Policía Local como de Bombeiros e Protección Civil están a facer un atento seguimento ao temporal para garantir que as incidencias que este provoque sexan mínimas.



