O Concello pon en marcha a segunda edición da Escola Municipal Continua, con 57 obradoiros para persoas adultas

adminON
Lectura mínima de 1

AConcellería de Educación do Concello de Ourense pon en marcha a segunda edición da Escola Municipal Continua Ourense, cunha ampla variedade de propostas formativas e de lecer dirixidas ás persoas adultas empadroadas na cidade. A oferta inclúe 57 obradoiros de formación, novas tecnoloxías, cultura do corpo e da saúde, arte e creatividade e medio ambiente.

O prazo de preinscrición estará aberto desde o día 14 até o 26 de febreiro, a través de internet. Cada persoa poderá anotarse en liña nun máximo de 4 obradoiros. As admitidas serán avisadas nun correo electrónico para formalizar a matrícula, aproximadamente 15 días antes do comezo do obradoiro. O custe será de 33€ por actividade.

As persoas interesadas poden consultar toda a información na páxina web do Concello

2ª Edición da Escola Municipal Continua

Comparte este artigo