A Concellería de Educación abre hoxe o prazo de inscrición
A Concellería de Educación do Concello de Ourense pon en marcha a 3ª edición da Escola Municipal Continua, con 37 obradoiros deseñados especificamente para a poboación adulta empadroada no municipio.
A oferta abrangue cinco grandes áreas temáticas co obxectivo de cubrir as inquedanzas formativas e de lecer da cidadanía: Formación, Novas Tecnoloxías, Cultura do corpo e da saúde, Arte e creatividade e Medio ambiente.
As actividades están dirixidas a maiores de 18 anos e a inscrición deberá realizarse exclusivamente por vía telemática en actividades.ourense.gal
Cada solicitante poderá anotarse nun máximo de 4 obradoiros.
Dada a alta demanda prevista, o Concello estableceu unha orde de prioridade para a adxudicación das prazas:
- Persoas en situación de desemprego, xubilados/as e amas/os de casa
- Estudantes
- Persoas en activo
En igualdade de condicións, seguirase a estrita orde de entrada da solicitude.
Unha vez aceptada a solicitude, as persoas admitidas recibirán un correo electrónico para formalizar a matrícula. O custo por obradoiro é de 33 €. Cómpre sinalar que, unha vez realizado o pago, o importe só se devolverá no caso de que a organización anule a actividade.
Contacto
Máis información na Concellería de Educación, de 9.00 h a 14.00 h, na rúa da Canle 6, teléfono 988 388136/45, ou no correo escolacontinua@ourense.gal



