HomeOurenseO Concello pon en marcha o programa de Envellecemento Activo, cunha trintena...

O Concello pon en marcha o programa de Envellecemento Activo, cunha trintena de actividades para maiores de 60 anos

- Anuncio -spot_img

O programa de Envellecemento Activo do Concello de Ourense para o curso 2025/2026 ofrecerá unha trintena de propostas de actividades para as persoas maiores de 60 anos residentes en Ourense. A Concellería de Asuntos Sociais abrirá pasado mañá, luns, 10 de novembro, ás 9.00 horas, o prazo de inscrición neste programa municipal.

O programa inclúe unha ampla variedade de propostas saudables e de lecer para as persoas maiores, como ioga, pilates, taichi, ximnasia, natación, aquagym ou mentalgym. Tamén haberá grupos de teatro, bailes de verbena, manualidades, canto coral ou de iniciación ao inglés. Outras propostas permitirán os e as participantes participar en cursos de memoria, estimulación cognitiva, cociña saudable, animación á lectura e á escritura, psicomotricidade, autocoidado, uso do móbil ou dixitalización, entre outras alternativas. Son, en total, 34 actividades, que se poden consultar na páxina web do Concello.

As inscricións poderán realizarse en liña, a través da páxina web ou da  aplicación oficial do Concello, cubrindo un formulario que estará dispoñible na web desde o luns. O prazo estará aberto desde o día 10 até o 16 de novembro.

Publicacións Relacionadas