Home Ourense O Concello pon en marcha o Tren Nadal Express con percorrido gratuíto...

O Concello pon en marcha o Tren Nadal Express con percorrido gratuíto polo centro da cidade, todas as tardes de 17.00 a 20.30

0
2

O Concello de Ourense reforza a programación do Nadal coa posta en funcionamento do Tren Nadal Express, un servizo que ofrecerá percorridos gratuítos por algunhas das rúas máis emblemáticas do centro urbano durante estas festas.

O tren terá a súa base de operacións na Praza Maior, desde onde iniciará un itinerario circular deseñado para que as persoas residentes e visitantes da cidade desfruten do ambiente festivo e da iluminación do Nadal.

O Tren Nadal Express estará operativo todas as tardes, de 17.00 a 20.30 horas, de maneira ininterrompida ata o día 4 de xaneiro. Sairá da Praza Maior para continuar polo Paseo, Parque de San Lázaro, Santo Domingo e rúa da Paz, regresando de novo ao punto de partida na Praza Maior.