Home Ourense O Concello pon en marcha un ciclo de obradoiros de educación deportiva...

O Concello pon en marcha un ciclo de obradoiros de educación deportiva para a vida, no que participarán máis de 2.700 escolares da cidade

- Anuncio -

A Concellería de Educación do Concello de Ourense pon en marcha unha nova edición do ciclo de obradoiros “Educación deportiva para a vida”, dirixido a escolares de 5º e 6º curso de Primaria, Secundaria e Bacharelato dos centros educativos da cidade. Esta iniciativa ten como finalidade fomentar a saúde integral dos nenos e das nenas, empregando a actividade física e o deporte como medio para conseguilo.

Educación deportiva para a vida estrutúrase para evitar o abandono e o fracaso escolar partindo da motivación real, valorando todas as intelixencias, e dando visibilidade ao camiño que outras persoas abriron antes cara a un futuro profesional vinculado co deporte. Durante este curso participarán un total de 2.731 escolares daqueles centros que o solicitaron, comezando no CPR Luis Vives mañá, mércores, 1 de febreiro, ás 10:30 horas.

Esta iniciativa forma parte do programa educativo Educación en Saúde, e imbricada no Programa Saúde Integral, da Fundación SHE que preside o prestixioso cardiólogo Valentín Fuster.

Relacionadas

O Concello de Ourense festexa o Día da Educación Física na rúa cunha actividade...

0
A actividade reuniu máis de 300 participantes, entre profesorado e alumnado, do CPR Luis Vives Máis de 300 persoas, entre alumnado e profesorado, xuntáronse esta...

A Deputación mobiliza máis de 420.600 euros en axudas para ciclos e festivais culturais,...

0
A Xunta de Goberno tamén autorizou a modificación de obras, dentro do Plan de Cooperación CooperOU, solicitadas polos concellos de Boborás, Leiro, Punxín e...

A Deputación colabora na Copa de España Dragón de piragüismo que se disputará esta...

0
O vicepresidente segundo e deputado de Deportes, César Fernández, participou hoxe no complexo turístico O Corgo, na presentación desta proba de 200 metros que...

A VII edición da “Ourense Strade Termal” reunirá a preto de 400 deportistas de...

0
Este evento deportivo, que se celebrará o 21 de abril co apoio da Deputación de Ourense a través do Inorde e da Axencia de...

Luis Menor, nas Xornadas sobre Territorios Rurais Intelixentes: “Se estamos conectados e con servizos,...

0
O Centro de Loita Integral contra o Lume de Toén reuniu a alcaldes e representantes municipais para analizar os retos de futuro do rural...

Os deportistas ourensáns, Xan Somoza e Víctor López, convocados pola Federación Española de Volei...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo P. Jácome xunto co concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, recibiron esta mañá a Xan Somoza e Víctor López, deportistas...

Publicacións Relacionadas