Tras examinar as suxestións cidadás telemáticas, escoitar a opinión dos choferes do servizo municipal de autobuses e reformular deseños, o Concello de Ourense presenta a versión 2.0 da reestruturación de liñas e frecuencias do servizo de autobuses urbanos. Esta fase precede ás probas, que se implementarán no mes de febreiro de 2023.
Esta fase ALPHA 2.0 de exposición pública comeza hoxe incorporando cambios nas frecuencias dos autobuses. Porén, particulares e colectivos poden seguir realizando suxestións de mellora, a través da páxina web do Concello
FRECUENCIAS FASE ALPHA 2.0, expresadas en minutos
Barrio do Vinteún: 10′
Estación Intermodal: <10′
A Ponte: 10′
Novo Xulgado- Pavillón: 10′
O Couto (norte): 10′
Centro Cidade: <10′
Marcelo Macías/Posío: 10′
Residencia: <10′
Mariñamansa: 10′
Expourense: 20′
A Cruz Alta: 30′
O Couto a Centro: 20′
O Pino, antiga estación de autobuses, ao centro: 20′
Barrocás – Universidade Laboral: 45´
As Curuxeiras, Rairo a Residencia: 40′
Palmés, Vilar de Astrés, As Eiroás a estación de tren: 60′
O Peliquín: 60´
Alto do Cumial, Seixalvo, Ponte Sevilla: 30′
Cudeiro e O Viso a Ligazón Bus Troncal: 35′
O Couto a Residencia: 30′
Oira: 30′
Santa Mariña, Cuartel, Estrada da Granxa: 45′
Covadonga, O Vinteún (Oeste): 20′
Auditorio, Biblioteca <20′
San Francisco: <20′
Barrocás Alto: <30′
Barrocás Baixo: <20′
Laboral, A Cuña: <20′



