O Concello presenta a programación do Halloween 2024, con desfiles, música, túnel e pasaxe do terror e unha chea de propostas de lecer para todas as idades

adminON
Lectura mínima de 2

O Concello de Ourense presenta a programación da Noite do Medo – Halloween 2024, que se desenvolverá na cidade o día 31 de outubro, cunha chea de actividades de lecer para todos os públicos. Desfile de medo, con Pablo Méndez, o túnel do terror ou a pasaxe do medo son algunhas das propostas incluídas no programa, xunto coas actuacións musicais de Uxía Molona e a Banda Molona e da orquestra Panorama. Obradoiros infantís, flash mob, batucada e animación de rúa, Chaioso de medo, DJ A Gramola e a procesión da Santa Compaña completan a programación da xornada.

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES

17:00 a 19:00 h Obradoiro infantil de cabazas e maquillaxe, no Parque de San Lázaro.

19:00 horas. Desfile de Medo. Con Pablo Méndez, Momias do Afastado Exipto, precedido de desfile infantil de cabazas con batucada e Hagrid co seu sidecar (Harry Potter). Desde o Parque San Lázaro até a Praza Maior, pola rúa do Paseo

19:00 Flash mob de Thriller (Escola Estilo Libre). Padre Feijoo.

19:00 a 22:30 h Túnel do terror na Alameda (pase nocturno de 01:30 a 3.00 h)

19:00 a 3:00 h Pasaxe de Medo na Alameda.

19:45 h Animación con diaños, camiñantes brancos, árbores, ollos de terror e gran dragón, na Praza Maior e zona vella.

20:00 h Concerto infantil con Uxía Lambona e a Banda Molona, na Praza Maior.

20:45 Batucada e lenda. Praza do Ferro e zona vella.

21:00 a 0:00 h Chaioso de Medo. Praza Maior e Santa Eufemia.

22:30 a 01:30 Orquestra Panorama, Especial Halloween. Alameda.

00:00 a 3:00 h DJ A Gramola, na Praza Maior.

00.30 a 2:00 h Procesión da Santa Compaña. Paseo e zona vella.

Comparte este artigo