HomeOurenseOurenseO Concello presenta o Entroido 2026, cunha “semana máxica” de actividades para...

O Concello presenta o Entroido 2026, cunha “semana máxica” de actividades para celebrar a “festa por excelencia” da cidade

- Anuncio -spot_img
  • O alcalde, a concelleira de Festexos e representantes dos Entroidos da Ponte, As Eiroás e Seixalbo presentaron esta mañá a programación
  • Medio cento de actuacións de charangas, grupos e orquestras amenizarán a cidade do 12 ao 18 de febreiro

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, a concelleira de Artes e Festexos, Noa Rouco, e representantes dos Entroidos da Ponte, As Eiroás e Seixalbo presentaron esta mañá no Hostal Cándido a programación do Entroido de Ourense 2026.

“Vai ser un gran Entroido”, asegurou o alcalde, quen avanzou que desde o vindeiro 12 de febreiro, Xoves de Comadres, ata o día 18, Mércores de Cinza, Ourense vivirá unha “semana máxica” na que celebrará a súa festa por excelencia.

A programación inclúe as actividades organizadas polo Concello, con epicentro na zona histórica, e as desenvolvidas nos barrios. Noa Rouco detallou un cartel que busca “dinamizar o maior número de espazos” con 50 actuacións musicais, 5 grandes orquestras (Mondragón -con Javier Gurruchaga á fronte-, París de Noia, Origen, Funçao Pública e Kubo) e concertos de Festicultores Troupe, Trío Somoza, Los Coleguitas e King Africa.

Tamén haberá sesións de DJs, comezando o xoves, 12, con Leticia Sabater, Adri, Diego Mirón e Pablo Marques; actividades infantís (desfiles escolares, obradoiros e actuacións de Oviravai, Uxía Lambona  e DJ Tibu), e o reparto de 12.000 orellas o Martes de Entroido. O alcalde tamén destacou do programa citas multitudinarias como o desfile do domingo 15, “que cada ano vai a máis”, ou o Enterro da Sardiña do mércores, 18.

Programación nos barrios

Pola súa banda, Javier Taboada presentou as actividades de Frei Canedo (A Ponte), que terá o seu día grande o luns 16 cos actos solemnes, procesión, cea e a orquestra Solara.

María Isabel González debullou as propostas da Pita das Eiroás, cuxo martes de Entroido (día 17) protagonizarán a Voda da Pita, o xantar e o baile coa orquestra La Oca Band. Finalmente, Juan Cid presentou o Entroido de Seixalbo, con citas destacadas como o Gran Cocido Bacanal do domingo 15, que irá seguido do baile de máscaras e a música de La Oca Band.

Toda a información en: https://ourense.gal/media/filer_public/d0/60/d0608db0-9a66-426a-a1a3-b7c6dbe87113/entroidoourense2026programa.pdf

Publicacións Relacionadas