HomeOurenseO Concello presentará o luns os BONOS-100 euros para consumir no comercio...

O Concello presentará o luns os BONOS-100 euros para consumir no comercio e na hostalaría da cidade

- Anuncio -spot_img

O acto estará presidido polo alcalde e contará coa asistencia de representantes do sector empresarial da cidade / Tamén están convidados todos os grupos políticos municipais

Gonzalo Jácome destaca que será “o maior bono de consumo emitido nunca en Galicia en términos absolutos”

O salón de plenos do Concello de Ourense acollerá o vindeiro luns, día 3 de abril, ás 9.30 horas, o acto de presentación do BONO-100 euros. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, presidirá o acto, que contará coa asistencia do presidente da Federación de Empresarios de Hostalaría de Ourense, Ovidio Fernández Ojea, e a presidenta da Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez, que colaboraron no proceso deste proxecto. Tamén están convocados todos os grupos políticos do Concello de Ourense, polo seu apoio na habilitación orzamentaria para levar a cabo esta iniciativa. Así mesmo, están convidados ao acto diferentes empresas ou asociación, como ABANCA, a Confederación Empresarial de Ourense, a Agrupación de Libreiros de Ourense, o Centro Comercial Aberto Ourense Centro ou o Centro Comercial Ponte Vella, entre outros. No acto realizarase tamén unha foto de grupo

O Concello de Ourense facilitaralle un bono de 100 euros á totalidade de persoas empadroadas na cidade, que destinará a consumir no comercio e na hostalaría da cidade. Será, explica o alcalde, “o maior bono de consumo emitido nunca en Galicia en termos absolutos, e ademais focalízase nunha cidade de 105.000 habitantes, co que o efecto relativo é aínda maior e sen parangón”.

O acto desenvolverase o luns, 3 de abril, que é o último día que se poden realizar presentación deste tipo, xa que as eleccións municipais convocaranse por escrito ao día seguinte.

Publicacións Relacionadas