Home Ourense O Concello programa en novembro un tributo a ABBA e a obra...

O Concello programa en novembro un tributo a ABBA e a obra teatral ‘A Lingua das Bolboretas’ no Auditorio

- Anuncio -

Dancing Queen ABBA Show xa percorreu 50 países

O espectáculo de Sarabela foi o grande vencedor dos XXV Premios de Teatro María Casares: mellor espectáculo, mellor adaptación / tradución, mellor actor secundario e mellor director

A maiores, o sábado 6 haberá un espectáculo musical para todos os públicos ambientado nunha película de Disney

Entradas en ataquilla.com

O Auditorio Municipal presenta as actividades deste espazo municipal para o mes de novembro de 2021

Sábado 6 de novembro, 17.00 horas – Coco Recuérdame

Un espectáculo para todos os públicos que leva tres anos percorrendo os principais auditorios e teatros do país. 150.000 espectadores xa puideron gozar del. Baixo a dirección de Pedro Pomares, o espectáculo versa ao redor das cancións da película de Disney ademais de coreografías e voces de excepción de todos os seus intérpretes en rigoroso directo, así como decorados e vestiario baseados na película. Prezo da entrada: 16 euros

Mércores, 10 de novembro, 20.30 horas – Dancing Queen ABBA Show. Tributo a Abba (programación propia)

Abborn é unha formación musical procedente de Eslovaquia que leva dende 1999 percorrendo países de todo o mundo -máis de 50- cun tributo ao grupo sueco ABBA. No show cóidase a estética con numerosos cambios de vestiario, réplicas dos orixinais.

Prezo da entrada: 10 euros

Venres 19 de novembro, 20.30 horas – A Lingua das Bolboretas, de Sarabela Teatro (programación propia)

A través da entrañable relación que manteñen o mestre Don Gregorio e o neno, vanse descubrindo paulatinamente ante o espectador a beleza das realidades cotiáns que pasan inadvertidas facendo partícipe ao receptor da historia da fascinación infantil do protagonista ante o descoñecido e o sufrimento que provoca a represión das liberdades humanas. Esta obra foi a grande vencedora dos XXV Premios de Teatro María Casares: mellor espectáculo, mellor adaptación / tradución -Fernando Dacosta e Gonçalo Guerreiro-, mellor actor secundario -Fran Lareu- e mellor director -Gonçalo Guerreiro-.

Intérpretes: Elena Seijo, Josito Porto, César Goldi, Fernando Dacosta, Fran Lareu, Sabela Gago e Fina Calleja.

Dirección e Dramaturxia: Gonçalo Guerreiro

Autor: Manuel Rivas

Versión: Fernando Dacosta

Prezo da entrada: 8 euros

Relacionadas

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente para contratar un novo sistema de...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense deu luz verde a dous novos proxectos construtivos financiados parcialmente con fondos procedentes do Plan...

A Xunta pon en valor na Feira EmpregoInCampus Ourense a colaboración coa Universidade...

0
José González sinalou que se destinarán 410.000 euros ás universidades de Vigo, de Santiago de Compostela e da Coruña para impulsar o espírito empresarial...

Luis Menor empraza á Capitalidade de Montaña 2024 para mostrar o compromiso de Ourense...

0
O presidente provincial participou na inauguración das xornadas que fixan a Chandrexa de Queixa como primeiro emprazamento da Capitalidade de Montaña de España 2024,...

O Concello de Ourense festexa o Día da Educación Física na rúa cunha actividade...

0
A actividade reuniu máis de 300 participantes, entre profesorado e alumnado, do CPR Luis Vives Máis de 300 persoas, entre alumnado e profesorado, xuntáronse esta...

A Deputación mobiliza máis de 420.600 euros en axudas para ciclos e festivais culturais,...

0
A Xunta de Goberno tamén autorizou a modificación de obras, dentro do Plan de Cooperación CooperOU, solicitadas polos concellos de Boborás, Leiro, Punxín e...

A Deputación colabora na Copa de España Dragón de piragüismo que se disputará esta...

0
O vicepresidente segundo e deputado de Deportes, César Fernández, participou hoxe no complexo turístico O Corgo, na presentación desta proba de 200 metros que...

Publicacións Relacionadas