HomeOurenseOurenseO Concello programa este domingo “Legado de Tibu”, un espectáculo musical cheo...

O Concello programa este domingo “Legado de Tibu”, un espectáculo musical cheo de sorpresas para a cativada

- Anuncio -spot_img

Na carpa da Praza Maior, con entrada libre e gratuíta

A Praza Maior de Ourense acollerá este domingo, día 25 de decembro, ás 19 horas, o espectáculo “Legado de Tibu”, unha nova proposta musical para a cativada que organiza o Concello de Ourense, dentro da programación de actividades do Nadal 2022. Será na carpa da Praza Maior, con entrada libre e gratuíta.

Trátase dun espectáculo musical infantil, que contará coa participación de numerosos personaxes coñecidos para os máis cativos, e unha chea de sorpresas, xunto coas cancións de sempre que máis lles gustan aos peques, arranxadas e con letras en galego. Todo isto, baixo a batuta do popular DJ Tibu.

Legado de Tibu será a principal cita para o público infantil e familiar este domingo, 25 de decembro. A programación de actividades organizadas polo Concello continuará o luns, con novas propostas:

Actuación de Broken Peach, no autobús musical, que percorrerá as rúas da cidade de 19 a 21 horas.
Mercado de Nadal. Parque de San Lázaro. 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 22.00 horas.
Carrusel clásico e photocall de Nadal. Contorna da Ponte romana. 11.30 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 horas.
Parque de Aventuras e Tren eléctrico de Papá Noel. Xardín do Posío. 11.30 a 13.30 horas e de 16.30 a 20.30 horas.
Poboado de Nadal. Praza do Bispo Cesáreo. 17.00 a 20.00 horas.
Belén de Baltar. Praza de San Cosmede e Damián. Horario: Laborais e festivos- 11.30 a 14.00 horas e 17.30 a 20.30 horas.

Publicacións Relacionadas