O Concello de Ourense publica desde hoxe na súa páxina web www.ourense.gal as bases reguladoras das subvencións do programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio que se desenvolvan nas 4 Contornas Residenciais de Rehabilitación Programada (ERRP) declaradas no Concello de Ourense, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, programa Axuda de barrios do Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana, financiado pola Unión Europea – Next Generation EU.
A convocatoria abrirase ao día seguinte ao da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
As axudas darán apoio a actuacións que se desenvolvan nos ámbitos territoriais das 4 Contornas Residenciais de Rehabilitación Programada (ERRP) declarados no Concello de Ourense:
- ERRP Conxunto histórico de Ourense
- ERRP Núcleo de interese etnográfico de Seixalbo
- ERRP O Polvorín, As Camelias, A Carballeira
- ERRP Serra San Mamede, Cruceiro Quebrado, A Inmaculada
Toda a información na web do Concello: Microsoft Word – BASES_ERRP_GALEGO_MODIF 23_10_24

