HomeOurenseO Concello reabre ao público desde hoxe as termas públicas e gratuítas...

O Concello reabre ao público desde hoxe as termas públicas e gratuítas do Muiño e da Chavasqueira

- Anuncio -spot_img
  • Pese ao alto caudal do río, que fai moi complexos os traballos, o Concello completou a súa posta a punto para que todas as zonas termais do Miño estean abertas en Semana Santa
  • O alcalde incide no “grave erro” que foi o emprazamento elixido para estes espazos, tan próximos ao río

As termas públicas e gratuítas da Chavasqueira e do Muiño da Veiga volven estar desde hoxe operativas para darlles servizo a residentes e visitantes da cidade. O Concello de Ourense completou os traballos de posta a punto das dúas zonas termais, coa finalidade de que poidan ser utilizadas durante a Semana Santa, e amplíen así a oferta termal da cidade, xunto coas termas de Outariz, que xa estaban en funcionamento. O alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, visitou esta mañá as dúas zonas termais.

O goberno municipal resalta que os traballos resultaron de grande complexidade xa que o caudal do río Miño segue alto e resulta moi difícil desaugar as zonas de baños. Porén, dada a proximidade da Semana Santa, o Concello realizou un importante traballo de enxeñería para que poidan estar dispoñibles nestas datas, aínda que tecnicamente o río non está suficientemente baixo para poder realizar estes labores con normalidade.

O alcalde incide en que o emprazamento elixido para estes espazos termais, a carón do río Miño, foi un grave erro. De feito, advirte que o río Miño está moi alto e en caso de que se producisen chuvias, as termas poderían ter que pechar de novo.

Publicacións Relacionadas