O Concello reabrirá mañá, 1 de abril, as termas públicas e gratuítas da Chavasqueira e o Muíño da Veiga

Redacción
Lectura mínima de 1

O nivel do río estabilizouse e isto permitiu realizar os traballos de limpeza, desinfección e acondicionamento para a súa posta en servizo

O Concello de Ourense reabrirá mañá, mércores, 1 de abril, ao público as zonas termais públicas e gratuítas da Chavasqueira e o Muíño, na marxe dereita do río Miño. A reapertura é posible logo de que se estabilizase o nivel do río e o Concello realizara os traballos de limpeza, desinfección, arranxo e acondicionamento destes espazos que eran necesarios para a súa posta en funcionamento. As dúas instalacións contarán xa desde mañá con servizo de atención, control e primeiros auxilios. O horario de apertura é de 10 a 20 horas. Tamén seguen abertas ao público as termas da Burga de Canedo (Outariz)

Comparte este artigo