HomeOurenseOurenseO Concello realiza podas de seguridade nos parques para minimizar riscos e...

O Concello realiza podas de seguridade nos parques para minimizar riscos e mellorar o estado sanitario das árbores

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ourense realizou nas últimas semanas, antes de dar comezo ao período do Nadal, unha serie de podas de seguridade en diferentes parques da cidade. Tras a realización dun estudo e informe por parte dunha empresa especializada en cirurxía arbórea, estimouse aconsellable efectuar varias actuacións en diferentes exemplares e zonas co obxectivo de minimizar o risco de roturas de ramas, ao tempo que mellorar o estado sanitario dos exemplares.

Os traballos basicamente consisten na redución de copas, acurtado das ramas e execución de poda das ramas secas e deprimidas, xunto co cableado de ramas principais para garantir a súa seguridade estrutural.

As actuacións realizáronse no Parque de San Lázaro, a contorna do Pazo de Xustiza, a Praza das Mercedes e o Parque Miño. As especies nas que efectuaron son Cedrus atlántica, Casuarina equisetifolia, platanus sp. e salix babilónica.

Publicacións Relacionadas