Os técnicos do Concello e da Xunta de Galicia formalizaron esta mañá a recepción, por parte da administración municipal, das obras da fonte construída pola Xunta de Galicia a carón da Ponte Vella. Desde o día de hoxe, a fonte está aberta e operativa, con mantemento por parte do Concello, como auga non potable. Ten un caudal de 5 metros cúbicos, cun manancial que se atopa a unha profundidade de 75 metros, do que mana a unha temperatura de 43 graos. En breve, o Concello promoverá a análise das augas para constatar se reúnen as características necesarias para poder ser declarada auga termal



