A reforma complétase cunha varanda de aceiro de 90cm de altura nos lugares onde o camiño carece de protección fronte ás caídas
O prezo base de licitación é 47.918,03 euros
O Concello iniciará mañá os labores de reconstrución dun muro de contención na rúa dos Cangos -en Bobadela, no barrio do Pino-, danado polas filtracións de augas das leiras que sostén.
O muro, de cachotería -mampostería- de granito, era até o momento o único elemento de sustentación á vía municipal. Está pavimentado mediante unha laxa de formigón en masa, que presenta diferentes fracturas que provocaron desprendementos polas filtracións. A maiores, a vexetación está enraizada entre os cachotes.
A actuación completarase coa colocación dunha varanda de aceiro nos lugares onde o camiño carece de protección fronte ás caídas de 90cm de altura.
A actuación ascende aos 47.918,03 euros e o prazo de execución é de 1 mes. A empresa adxudicataria será Consernor SL.