HomeOurenseOurenseO Concello recorrerá a sentenza do Xulgado do Social que estima en...

O Concello recorrerá a sentenza do Xulgado do Social que estima en parte a demanda da intendente xefe da Policía Local

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ourense recorrerá a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Ourense no procedemento ordinario 0000834/2022, interposto pola intendente xefe da Policíal Local de Ourense. A resolución estima en parte a demanda formulada contra o Concello e contra o ex concelleiro de Seguridade Cidadá, Telmo Ucha, e os condea a aboarlle conxunta e solidariamente unha indemnización por importe de 30.000 euros (dos 192.515 que solicitaba na súa demanda).

Tras ter coñecemento desta resolución, o goberno municipal anunciou que recorrerá a sentenza diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Entende o goberno municipal que “a sentenza céntrase no proceder de Telmo Ucha, non do Concello, polo que discrepamos da sentenza e presentaremos un recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia”, asegura.

Publicacións Relacionadas