HomeOurenseO Concello rehabilita desde este luns un muro na rúa da Petanca

O Concello rehabilita desde este luns un muro na rúa da Petanca

- Anuncio -spot_img

A Concellería de Infraestruturas iniciará, este luns, a reposición dun muro na rúa da Petanca, emprazada entre os barrios da Cuña e o de Barrocás, actuación que conta cun orzamento de 4.764,47 euros.

A obras terán unha duración máxima de cinco días, durante os que estará prohibida a circulación de vehículos no tramo da rúa comprendido entre a rúa da Marquesa e a rúa Losada Diéguez.

O Concello prega desculpas polas molestias ocasionadas e solicita paciencia entre os usuarios da vía.

Publicacións Relacionadas