Ista obra pon o colofón as actuacións nesta zona da Carballeira, tras a obra de acondicionamento da rúa Vázquez Núñez
O Concello de Ourense remodela a glorieta que conecta as rúas Nicomedes Pastor Díaz e Fernández Alonso, na zona da Carballeira. Esta intervención, serve de colofón á obra de acondicionamento que tivo lugar na rúa Vázquez Núñez, e que se inaugurou a pasada semana.
A actuación consistiu diversos apartados que foron a poda de formación das especies vexetais, a posta en marcha dun sistema de rego que estaba avariado, a plantación de máis especies vexetais, e a instalación dun sistema de baixo mantemento, cunha malla antiherbas. No centro deste elemento urbano quedou un carballo Quercus, como símbolo do topónimo da zona.



